500 anos
Da FeijOOpédia
Essa é a idade que tem a sua querida Espanha, segundo Alberto Núñez Feijóo [1][2][3]. Segundo ONP Espanha teria nascido, portanto, por volta de 1510. Nom duvidamos de que a cousa seja como di a sua eminência, o que nos estranha é que o Gobierno de España nom tivesse organizado no ano passado [2010] nengum tipo de comemoraçom (como fijo, por exemplo, com o Quinto Centenário do Descobrimento da América, em 1992). Ainda que, pensando bem, tampouco a Junta de Galiza organizou nada para comemorar os 1600 anos do Reino da Galiza, fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410. Seria pola crísi?
Referências
1. Feijóo: “Hai unha nación dende hai 500 anos e esa nación chámase España”, em Vieiros
2. ¿É España unha nación desde hai 500 anos, como afirmou Núñez Feijóo?, no Xornal de Galicia
3. ¿Unha nación hai 500 anos?, no Xornal de Galicia
4. Feliz Ano Suevo!, em Seioque.com
