Conteúdos:


Quinta, 23 de Outubro de 2008

Escândalo! Paco Rodrigues descoloniza-se e sai do armário!
Umha exclussiva de...
Gennara del Bruzzo

Mágoa, nenas! Quen posiblemente era un dos políticos galegos con maior carisma e sex-appeal, con essa cabeleira canosa e mirada ruda ó tempo que tenra, deixounos recentemente unha notícia escandalosa... É reintegracionista! Ao menos iso é o que se desprende dun recente artigo seu no cal afirma estar convencido de que o aillacionismo lingüístico obedece a un sentimento de españolía.

Francisco, o Paco que tando quixemos e admiramos pola súa defensa enconada (non me malinterpreten) da identidade do galego, o mesmo home que afirmaba que "Janeiro" era forma españolizada de "Xaneiro" e pedía facilidades para galeguizar este apelido (xuntamente con outros), pasou para a outra beirarrúa lingüística.

Resposta:

A verdade é que xa se vía vir, porque nalgunhas publicacións súas amosaba veleidades filorreintegratas, pero nunca chegara a tanto... Eu, como unha parva, quixen crer que non era certo, que só xogaba ao despiste (como bo político). Pero claro, o que ten de ser... ten de ser.

E xa se ve que agora, preto da súa xubilación como profesor, retirado da vida en La Corte (dos deputados españois, que non das vacas, aínda que moito animaliño tamén había), está de volta de todo... ai, xa se vía vir! Agora que caio, mesmo é posible que esa reviravolva intelectual súa estea, precisamente, causada pola súa marcha da Corte. A fin de contas, en todo lugar do mundo a capital de un imperio (como o Imperio Pequeno) é o símbolo máximo do seu poder colonial.

Tal vez a estadía de Paco (aigs!) nos Madriles foi a causante da represión do seu ser. De feito, numerosos estudos aluden aos efectos do colonialismo sobre os colonizados, entre os cales sitúan a propia exclusión dos seus pensamentos e valores. Quen sabe logo se a negación práctica ata o día de hoxe do reintegracionismo por parte de Paco non sería unha consecuencia colateral da súa residencia na capital pequeno-imperial e de pasar o día envolto en chascarrillos, chistes de Chiquito, pantojadas e, en definitiva, españolía y olé.

Non admira logo que coa marcha de La Villa, e coa reinstalación en Galicia, Paco (guapo!) se vise máis liberado. E se sumarmos iso coa constante presión lusista nos últimos anos e en todos os ámbitos, pois claro, Paco tiña que acabar por dar con esa parte reintegrata que todas levamos dentro. E Francisco, e Paco, tampouco é de pedra. E con dúas edicións ás costas, quen sabe se o Dia do Orgulho Lusista e Reintegrata non tería algo de culpa en animalo a saír do armario...

Pois se tu és reintegrata, eu também, Francisco, Paco... também eu serei reintegrata. Reintegra(ta)i-vos vós todas, todos vós. No DdoOLeR 2009 ou onde for vemo-nos ali. Vejo-te ali, Paco. Rodrigues. Aaaaai omá que riiiico!

Escrito ŕs 10:04 nas castegorias: Vários, Gennara del Bruzzo
Email , 495 palavras • Chuza!

6 comentários

Comentário de: alema [Visitante] · http://alema.org

E que fai este artigo escrito en "castrapo"? :D :D :))
Agora en serio... vexo que coincidimos :D

Hai apostas sobre o seguinte que sairá do armario? :D
Quinta, 23 de Outubro de 2008 @ 10:36
Comentário de: Jenaro Jesus Marinhas (do Vale) [Membro] Email
*****

"Castrapo"?!? Até onde eu sei o "castrapo" é o "Espanhol da Galiza" e este artigo parece estar escrito em Galego ILG-RAG, em "galego-portuñol"! ;)

Agora a sério, semelha que acabamos de assistir a umha saída do armário ao vivo e em direto, a da amiga Gennara del Bruzzo.

Gennara, tocaia, bem-vinda ao clube... e a Sei O Que Nos Figestes...!!! :D
Quinta, 23 de Outubro de 2008 @ 11:00

Amiga Gennara. No do sex-appeal de Paco Rodríguez, penso que exageras. Rico, rico...vaia, que me parece algo demais.
È opinião.
Quinta, 23 de Outubro de 2008 @ 12:07
Comentário de: Gennara del Bruzzo [Membro] Email
*****

Senhor/a Alema, como o prezado Paco (aigs!) eu também optei por sair do armário. Se ele encontrou o lusista que leva dentro, pois eu também (chame-me louca se quiger :oops:).

Senhor/a Lurinha, bem sabe que para gostos estám as cores... olhe que mesmo há quem encontra atractivo Anxo Quintana 88|
Quinta, 23 de Outubro de 2008 @ 12:24

Homem. Som duas pessoas normais. Podem-se ver, que nom da arrepios mirar para elas, mas atractivos...A gente chama-lhe atractivo a calquera.
Como sempre, é minha opinião, dona Gennara. E, para gostos, cores.
Mas...Como dizia minha avoa, penso que com bom critério,
Se Anxo Quintana ou Paco Rodríguez aparecessem um dia vestidos de trabalho e se pugessem , agora que sé tempo de milheiras, a escunchar no milho numha meda, de seguro que ninguém repararia neles, nem os veria atractivos.
Quinta, 23 de Outubro de 2008 @ 12:40
Comentário de: Gennara del Bruzzo [Membro] Email
*****

Também, também isso pode ser, Lurinha :P Mas o que quer que lhe diga? Eu gosto dos homens madurinhos e sérios. Ainda que o Paco às vezes tem umhas cousas... :crazy: Mas, como diz o anúncio, "o total é o que conta" :))
Quinta, 23 de Outubro de 2008 @ 14:53

Deixe o seu comentário


Seu endereço de e-mail nom será revelado nesse site.

Sua URL será exibida.
PobreExcelente
:!: :?: :idea: :) :D :p B) ;) :> :roll: :oops: :| :-/ :( :'( |-| :>> :yes: ;D :P :)) 88| :. :no: XX( :lalala: :crazy: >:XX
(Quebras de linha se tornam <br />)
(Nome, e-mail & website)
(Permitir que usuários o contatem através de um formulário eletrônico (seu e-mail nom será exibido.))
Isto é uma imagem CAPTCHA. É usada para evitar os acessos abusivos de robôs.
Por favor introduza os 5 caracteres que aparecem na imagem em cima. (Năo diferencia maiúsculas / minúsculas)

Comentárom:

Contra Espanha e o Capital, "dientes, dientes que es lo que les jode"