Conhecíamos ontem a digitalizaçom dum tesouro da nossa cultura: O património dos centros galegos no exterior. Entre eles destaca umha pintura totalmente inédita de Castelao: Gaiteiro.
Mas também há outros tesouros "nom artísticos": as fichas e inscriçons dos centros e federaçons galegas e republicanas no exílio, assim como actas, livros de registos, documentos internos... Imos passar semanas percorrendo esses documentos na procura de material para esta página! E de primeiras estas maravilhas, as fichas de registo de Castelao no centro republicano espanhol de Buenos Aires. Nos dados pessoais inclui a ideologia política, que ele mesmo qualifica de galeguista de sempre. Só poderia ser melhor um galeguista perdido, senhora.

Resposta:

Obrigado Tony Peludez e Henriqueta Pichel pola colaboraçom.


Castelao tivo a sorte entre moitos, infindos rapaces daquela época de ter dous padriños verdadeiramente senlleiros y exemplares, [···] o Dr Anxel Baltar [···].
I o outro foi o seu padriño D. Evaristo Martelo Pauman del Mero [sic], marqués de
Almeiras, o dono do pazo de Rianxo que é un pazo domesticado, un pazo mui fermoso, agora se derrumbou, estano levantando. D. Evaristo Martelo Paumán del Mero [sic] era mui galeguista, era amigo de Pondal, era poeta, non foi gratificado moito polas musas, pero desde logo era un home de corazón leal, era dunha extraordinaria bondade, sentía a Galicia fondamente, fixo unha carreira militar pra servir mellor ó seu país e foi padriño de Castelao. Il Considerábase que era antigo descendente daquel Conde Andeiro que foi célebre nada menos que na epopeia portuguesa porque era amante da derradeira raiña portuguesa e foi morto no pazo de Lisboa polos Abis que era aquela de ínclita creación de grandes infantes, dice Camoes.
E din que na igrexa de Santiago da Cruña inda se coñecía no tempo da xuventude de Martelo Pauman del Mero unha sepultura onde se leia "Andeiro" i estaba mui contento con aquela descendencia, además íl tiña por descendente nada menos que ó almirante Paio Gómez Charino [sic] que tivo un castelo famoso en Rianxo que foi destruido, esas burradas que se fan a mediados do século XIX, Castelao nono lembraba pro a nai si, según parece era un castelo matido no mar como os castelos sicilianos coas grandes torres que debían estar mañíficas sobre todo nas ruinas, as torres están mellor na ruína que na potencia...
Comentárom: