
Hoje é dia 28 de Dezembro, considerado por muitas galegas e galegos como Dia da Mentira (isso sim, sob o nome cristão Dia dos Santos Inocentes). Mas já que estamos num triénio descolonizador, seria bom lembrarmos que a apreciaçom está sujeita a umha interessante matizaçom. E é que o Dia da Mentira só é celebrado em 28 de Dezembro «na Espanha e em países de língua espanhola», como bem nos lembra a Wikipédia.
Entom, acho que este dia só pode ser considerado umha festividade galega partindo de um conceito quer de Galiza espanhola (ou Galicia), quer da Galiza como país de língua castelhana. E é que a tradiçom galega (comum aos países lusófonos, anglófonos e até francófonos) assinala como data do enxebre Dia da Mentira o primeiro de Abril, quando «vam os burros aonde nom devem ir».
Porém, como tantas outras tradições autóctones, esta estivo a piques de desaparecer, abafada pola maciça presença mediática da celebraçom dos Santos Inocentes como se do Dia da Mentira se tratasse.
Nom falta quem diga que tendo dous dias para festejar mentiras, melhor do que um... ninguém se opom, e se fizemos piadas e risadas os 365 (ou 366) dias do ano, decerto seríamos mais felizes. Também hoje podemos dizer algumha mentira (que nom seja pesada de mais, do contário seria umha putada), mas com a mente aberta e nom colonizada, sabendo que a dizemos porque nos peta, e nom porque no-lo recomendem do nosso bem-querido país vizinho (Espanha). Festejemos alegremente todos os dias do ano, e deixemos tranqüilos os burros até o 1 de Abril ;-)
sigan, sigan co seu "peche mental"
xa verán cantos amigos fan
o día da mentira NON é unha tradición PORTUGUESA nin LUSÓFONA tampouco!
O 1 de abril é o 91º día do ano do Calendario Gregoriano e o 92º nos anos bisestos. Quedan 274 días para finalizar o ano.
Día dos enganos en Galiza e noutros paises. "O un de abril van os burros onde non deben ir"
sigan, sigan excluíndo e non sumando
sigan coa tarefa de spoilers
o único que van conseguir é que a xente colla EMPACHO de lusofonía...

cando un fai de "spoiler" no día dos santos inocentes... lanzando proclamas contra o 28 de decembro estragando as piadas... pode acabar convertendo o 1 de abril nunha data para coller... ata manía!
está moi ben que vostedes difundan o 1 de abril, o Apalpador, etc.
pero é coma se o apalpador fose dicíndolles ás "crianzas": "papá noel e os reis NON existen".
acabarán conseguindo que os pais (e boa parte dos nenos) ODIEN o apalpador
no meu blog xa demostrei, aínda que algúns non queren velo, que os santos inocentes é unha tradición anterior á do 1 de abril, que nos chegou na idade media procedente do centroeuropa a través do que hoxe se coñece como españa[...]
Papá Noel e os Reis som uns fantasmas que dim que percorrem o mundo numha noite... e a ver quem crê isso.
Comentárom: