
Tem pensado Manuel Manquiña dar o salto à política? Terá pensado "el actor Manquiña" (como lhe chamou naquele dia o José Manuel yo-no-soy-tonto Pousada desde o palco da Quintana) seguir os passos dos seus ultra-conservadores colegas Ronald Reagan e Arnold Schwarzenegger?
Leiam o que a nossa colega Cris Moss di hoje na contra-capa do Xornal de Galícia e tirem as suas próprias conclussões:
POIS XA QUE O SABES, VOUCHO A DECIR
Manquiña achégase ao Partido PopularCris Moss
- Non resultan unha novidade os posicionamentos do actor Manuel Manquiña a respecto de cuestións sensibles no país, como é o caso da lingua. Afirmacións como “por mucho que joda, Galicia es muy bilingüe” o pasado verán en Xornal de Galicia, suscitaron encendidas controversias en diversos foros.
- Malia ás súas opinións, Manquiña nunca se ten posicionado, ata o momento, de xeito partidario. Non obstante onte foi posible observar como o artista se achegaba á voceira do PP no Congreso, Soraya Sáenz de Santamaría, para intercambiar impresións coa conservadora durante unha visita a Santiago.
- Pouco despois deste encontro casual -testemuñas presenciais aseguran que a popular deu mostras de non coñecer ao actor-, Manquiña volveu ser visto en compañía doutro membro do PP, desta volta, conversando cun destacado deputado da formación polos corredores do Parlamento de Galicia.
- O protagonista de filmes como Airbag, cunha dilatada carreira na Televisión de Galicia, amosa a súa proximidade ao PPdeG pouco máis dun ano despois de ter mostrado publicamente o seu apoio á asociación Galicia Bilingüe, e à manifestación que este colectivo celebrou antes das eleccións do 1-M.
[Xornal de Galícia, QUI, 04-MAR-2010, contra-capa].
Mais sobre o Manquiña em SeiOQue.Com:
- Manquiña reafirma-se desde o seu mundo para anormal (QUA, 18-FEV-09)
- Manquiña, "valiente español" (SEX, 06-FEV-09)
Comentárom: