|
|
Quinta, 24 de Setembro de 2009Um psiquiatra para Glory!Umha exclusiva de...
Ano Rosso Quintana ![]() Lemos com estupor a última (e queiram os deuses que derradeira) entrevista a Gloria Lago num meio de imprensa. Nada novo, agás a insistência do engano sofrido por certo eleitorado que, apesar de estar cativo e desarmado o exército bipartido, alcançadas as tropas nacionales os derradeiros objectivos eleitorais, comprova como este governo teima em nom abolir definitivamente o galego. Todos mentem: mente Feijóo, Méndez Ferrín, a Universidade de Vigo, os filólogos, os pedagogos, os sociolingüistas, os pais que respondem que querem galego nos inquéritos... Everybody lies, que diria o doutor House. Um resumo da entrevista, nom demasiado distorcido (para quem nom queira aturar toda a imundícia verbal desta a nossa musa) pode ser o seguinte:
Assim que, como nom fai falta ser sociolingüista para falar de sociolingüística, tampouco fai falta ser médico para fazer um diagnóstico diferencial deste desaguisado mental que Glory Lake padece. Só fijo falta chapar os capítulos de quatro temporadas do doutor mais psicopaticamente honesto da televisom para responder esta pergunta: Que pode ser que provoque diarreia mental, mania persecutória, delírios de grandeza, distorçom da percepçom da realidade e hirsutismo superciliar? E só puidemos atopar várias possíveis causas: a) Lúpus Jogamos aos médicos?
22 comentários
Comentário de: Manuel Morrinha [Visitante]
Glory, glory, allelluyah... Sinto nao poder-lhe pôr a música
Quinta, 24 de Setembro de 2009 @ 00:07
Comentário de: Cacheiruda [Visitante]
Quinta, 24 de Setembro de 2009 @ 00:31
Comentário de: Hermerico Pinheira [Membro]
Como diria House... ![]() Nom será lupus, mas ela é uma loba...
Quinta, 24 de Setembro de 2009 @ 01:03
Comentário de: antuán [Visitante] · http://acortedoreignu.blogaliza.org
Sodes grandiosos, cabróns!! Obrigado por me aforrardes o trabalho de escrever sobre o assunto. Melhor do que vós, impossivel!!! Por certo, nesta ocasiom é lupus, lupus augusti (já encontraram sintomas semelhantes numa tal Marta Ribera de la Cruz). Grandes!!
Quinta, 24 de Setembro de 2009 @ 01:22
Comentário de: Roi [Visitante]
Esquecestes os profes de Educación Física e Educación Plástica e Visual... "no te os es lo mismo enseñar a Platón que mandar hechar a correr o hacer garabatos, hasta la religión se podería dar en el dialecto regional, pero las mates no, eso si que no". Iso, facendo amigos entre os compañeiros de profesión.
Quinta, 24 de Setembro de 2009 @ 01:38
Comentário de: Ma non tropo [Visitante]
Sodes a ostia! Non sei que tomades pero dádeme un pouco.. :-P Mescarallo...
Quinta, 24 de Setembro de 2009 @ 07:37
Comentário de: A Raíña Vermella [Visitante] · http://espello.blogaliza.org
Quedoume moito mais claro que cando o lin a primeira vez
Quinta, 24 de Setembro de 2009 @ 11:43
Comentário de: xarope [Visitante]
comentario dun alumno seu no YouTube sen duda algunha gloria é a profesora mais problematica que te podas imaxinar(eu creo que non está ben,tolea)...e con pousada, creo que é unha boa persona pero que deixouse levar por malos camiños... é incribel que xente coma eles poidan estar ó mando dunha organización así..aún así dende a miña opinión.ou polo menos é o que eu vin no meu instituto,galicia bilingue provoca sentimentos nacionalistas e antibiliguismo.quizás é porque convivimos con gloria e pousada toda-las mañás e sabemos que non son persoas "normais". cando tiven clase con ela,as suas clases eran incribles..primeiro chegaba 20minutos tarde, despois falaba 15minutos dos seus asuntos personais(exemplo..."hay chicos,ayer atropellaron a mi perro,hay que disgusto,,hoy no me aptece dar clase que no ando de humor.."...e isto un dia normal q conta os seus problemas,senon gústalle reirse da xente..por exemplo a min chamoume gusano,etc.. e a outra xente a ridiculizaba sin sentido..é incrible...en serio.. e tamén lle gusta falar mal do galego,e falar das súas cousas...mira,é unha pasada unha clase suxa... ademais se veras o meu instituto o san tome de freixeiro(vigo),verías que anda cheo de pintadas con gloria lago nazi,fascista...etc...un día puxeron gloria lago fascista en todolo campo de futbol....tiveron que repintar o campo e todo... eu tiven problemas con ela e tiven q falar con inspeccion,pero a inspeccion dalle igual todo..polo menos todo este tema que sacou no meu instituto,(tamen pode ser porq todos a odiamos por como é)producíu máis nacionalismos e xente comprometida co galego.. ademais temos outra profesora boísima de galego...que foi unha das persoas que fixo o diccionario xerais,rosa lópez,que é moi respetada e querida, e nos inculcou unha boa visión do galego..e iso que nunca falou de gloria,,rosa cala.. mentres que pousada é outro tema....é unha persona moi pero que moi singular....se ti veses os meus apuntes de fisica que me deu....pon cousas en ruso,literalmente,..e tamén pon cousas da guerra das galaxias,..vive no seu mundo... E O VIDEO,q din que fala con nos en natural en galego....vamos...con que che diga que si lle falas en galego non che contesta... e ten problemas con casi tódolos profesores...é un caso de persoa... é non é todo,,creeme que podería escribir un libro sobre ela...
Quinta, 24 de Setembro de 2009 @ 11:43
Comentário de: Jenaro Jesus Marinhas [Membro]
À vista dos gabanciosos comentários de Cacheiruda, Antuán, Ma non tropo e companhia eu diria (sem ironia nengumha) que o nosso colega Ano Rosso está a "cobrir-se de Glória"
Quinta, 24 de Setembro de 2009 @ 11:44
Comentário de: Sheamais [Visitante]
lin primeiro o voso resumo e logo aa orixinal... pensei que estavádes esaxerando mais case quedades curtos :O ! Isto matoume: _Galicia Bilingüe avoga polo bilingüismo, por que non o cincuenta por cento de materias en galego e castelán? Nós non avogamos polo bilingüismo. Nós chamámonos Galicia Bilingüe, significa que Galicia é un territorio con dúas linguas, e cada galego será o que queira, bilingüe ou monolingüe,_ leralle algo semellante nunha montaxe, mais non rematara de crelo :O
Quinta, 24 de Setembro de 2009 @ 12:18
Comentário de: Maranhas [Visitante]
Pensei que morría coa risa, e o mellor é que axústase moito á realidade. Seguide así! Apertas.
Quinta, 24 de Setembro de 2009 @ 13:02
Comentário de: Ano Rosso Quintana [Visitante]
Obrigadom a todos por rir com nós. Xarope, obrigado tamben pola referéncia do seu alumno. E se houber algum ex-pupilo da nossa musa que estea a sintoniçar a nossa onda, que pase polas nossas oficinas e que nos conte cómo ela é de péssima docente e peor persoa. Hai que decilo máis alto: se um sociolingüista nom pode falar de normalizaçom, umha mala professora nom pode falar de pedagogia.
Quinta, 24 de Setembro de 2009 @ 13:32
Comentário de: koroshiya.itchy [Visitante] · http://koroshiyaitchy.wordpress.com/
Quinta, 24 de Setembro de 2009 @ 18:06
Comentário de: mustek [Visitante]
Esta tipa ten triquinosis! (Con perdon os porc@s)
Quinta, 24 de Setembro de 2009 @ 20:30
Comentário de: koroshiya.itchy [Visitante] · http://koroshiyaitchy.wordpress.com
Soy gallega y soy de Ferrol. El señor Feijoó que nos prometió qu'iba a'studiar los ninos en castellano, ahora resulta que no se va a'studiar. El señor Feijoó que se prepare, porque va terner mucha cosa encima y la manifestación qu'hicieran el día de las letras gallegas, vino la gente de Cataluna y el País Vasco, pagado por el senor Quintana, el Bloque, que no fueron d'aquí de Galicia. Pocos habia de Galicia.
Sexta, 25 de Setembro de 2009 @ 09:17
Comentário de: Ano Rosso Quintana [Visitante]
Koroshiya, está caralhudo o da velha. Mira que ten cartos Quintana, para pagar tanto autocarro.
Sexta, 25 de Setembro de 2009 @ 11:27
Comentário de: Manuel Morrinha [Visitante]
Porque nao convidar Antuán a nos fazer um trabalhinho sobre a sua ex-profe?
Sexta, 25 de Setembro de 2009 @ 18:49
Comentário de: Manuel Morrinha [Visitante]
Eu sou membro, caralho, nao um simples visitante, com tudo o meu respeito para as visitas
Sexta, 25 de Setembro de 2009 @ 18:51
Comentário de: Manuel Morrinha [Membro]
A ver se desta recupero a minha condiçao
Sábado, 26 de Setembro de 2009 @ 15:17
Comentário de: Jenaro Jesus Marinhas [Membro]
Distintas/os visitantes desta humilde página: informamos-vos de que o nosso colega Manuel Morrinha, mestre de jornalistas do coraçom, tinha certos probleminhas com o Login e queria compartilhá-los com todos vós
Sábado, 26 de Setembro de 2009 @ 15:33
Comentário de: Jenaro Jesus Marinhas [Membro]
Embora nom nos comentários a esta exclusiva de Ano Rosso Quintana (ao menos por enquanto) cada vez que nos meios aparece umha notícia referida à ínclita Gloria Lago, sempre há alguém que comenta que nom devia dar-se à presidenta de Galicia Bilingüe tanta atençom. E a verdade é que aqui em SOQNF, a lo tonto a lo tonto, já levamos dedicados a Gloria Lake uns quantos posts. Estes som só alguns dos resultados da pesquisa polo tag 'gloria lago': Sí hay! Sieg Heil!, Gloria e José Manuel, marido e mulher?, Gloria Lago: "Os galegos nom somos tam parvos", Aromaterapia, Don’t be a □, Gloria Lago, Miki... Quer Tocar a Gloria!, 'Galicia Blindness', (ins)tinto de verano, Escândalo: Família Lago etiquetava em galego... em 1916!, Litros de álcool (metílico) correm polas tuas veias, mulher, Manquiña, "valiente español", Uma consigna para Gabi... PARTICIPA!!!, Polo direito (civil) a permanecer em silêncio, Galicia Bilingüe Crazy Remix, Bilingüismo, Mr. Marshall! (O Cartaz)...
Sábado, 26 de Setembro de 2009 @ 18:59
Deixe o seu comentário |
| ||||