E disque nos esperam! ![]()
Actualizado: SEX, 31-OUT-08, 17h00 (hora portugalega):

Polos vistos ontem, na Praça de Vigo, houvo protestos. De Sei O Que Nos Figestes... juramos e perjuramos que nós nom fomos. Nós somos mais de apoiar inequívocamente ![]()
E disque nos esperam!
Mas o GaBiBus das fotografias mais recentes semelha ser outro diferente! Mudariam apenas de cor ou mudariam de ónibus completamente? Haverá que chegar-se à tarde até a Praça de Vigo para comprová-lo! O autobús de Galicia Bilingüe chega hoxe a Santiago para solicitar sinaturas de apoio ás súas reivindicacións [Vieiros, 30/10/2008, 08:46]
SANTIAGO DE COMPOSTELA, 30 (EUROPA PRESS)
O autobús de Galicia Bilingüe, que está a percorrer as cidades galegas, chegará hoxe a Santiago de Compostela co obxectivo de solicitar sinaturas de apoio ás súas reivindicacións que se sumen ás 80.000 xa recollidas pola entidade.
Así, o autobús estará estacionado entre as 10.30 e as 19.00 horas na Praza de Vigo de Compostela, onde aproveitarán tamén para "trasladar directamente" aos cidadáns os seus principios, centrados no "rexeitamento das imposicións lingüísticas da Administración e na defensa da liberdade de uso das linguas oficiais".
O autobús de Galicia Bilingüe estivo onte pola mañá en Ribeira e xa pola tarde, recolleu sinaturas na Alameda da localidade de Noia.
Comentárom: