

A Revoluçom das Patatilhas, depois de passar pola Bélgica (Flandres&Valónia), fizo umha paradinha táctica em Compostela. Perto de duzentas pessoas segundo a organizaçom —e um número indeterminado segundo dous policiais que passavam por ali—, juntárom-se no coraçom da Galiza para denunciarem os dous anos que este paisinho nosso leva sem governo... à altura da Bélgica binacional e trilingue ou do Iraque post-ocupacional.

Porque, bem é certo, temos presidente, O Nosso Presidente. Mas, e nom sabemos o motivo, para lá de desfazer algumhas das cousas realizadas pola Junta anterior, ao Niño de los Peares ainda não lhe deu por governar. Precisamente, junto com o recorde olímpico de dous anos sem governo é também campeom de desemprego a nível estatal.

O ato, como já era sabido, consistiu numha papança coletiva de patacas (já o dizia O'Rivas, os galegos somos o país dos comedores de patacas) enquanto o pessoal proferia as palavras de ordem previamente acordadas.
Ao final de tudo, leu-se o manifesto comemorativo a três vozes, e foi cantado o hino nacional, com algumhas emendas (austeras) para a ocasiom. Mas todo isto é já carne do vídeo ou vídeos que em próximas datas passará por aqui. Y que nos quiten lo bailao.
Atualizaçom 18h00 (hora portugalega)
E agora, após a crônica seioqueira, o que dixo e di hoje a comunicaçom social sobre o nosso rolho pataqueiro de ontem:
Patacas para un "Olympic Récord de desgoberno"
Ó berro de "Isto non se amaña indo a El Gato al Agua", "O folgar ten que acabar" ou "A Crisi non só é culpa de ZP", varias decenas de persoas concentráronse onte á tardiña na compostelá Praza do Obradoiro para secundar a convocatoria realizada pola plataforma Sei o que nos Figestes. Comendo patacas fritidas, reivindicaban que Galicia cumpría onte un "New Olympic Récord", o de "dous anos sen goberno". Igual que o pasado febreiro a mocidade belga autoproclamaba, na coñecida a través das redes sociais como a Revolución das Patacas Fritas, que o seu país acadaba un récord de 249 días sen goberno, onte, Sei o que Figestes reivindicou que Galicia supera esta marca. No Obradoiro leron un manifesto onde aseguran que estes dous anos de Executivo de Feijóo foron "perdidos", un "auténtico bienio negro", no que, denunciaron, "o noso presidente preferiu continuar a exercer como líder da oposición, pasando olimpicamente de asumir as súas responsabilidades como xefe do goberno galego". "Olimpi! Camente! Pasa o presidente", corearon, antes de botarse a cantar o Himno Galego que rematou cun novidoso "Que nos quiten o bailao"
Comba Campoi, umha mulher afouta e simpáticaLevávamos desde a Feijoopédia sem atualizar a secçom Sempre nos Meios. E fazemo-lo para falarmos da amiga Comba Campoi, quem numha recente entrevista se lembra de nós.
Também o ridiculismo de “Sei o que nos Figestes...” contribuiu a eliminar muitos preconceitos que arrodeavam o coletivo reintegrata. Acho que nengum sector da sociedade galega desenvolveu um sentido do humor tam inteligente como eles. Para mim, a comparsa de 8 de fevereiro de 2009 (Sunday-Pottery Sunday), formada por toureiros e faralaes “acompanhando” a de Galicia Bilingüe, foi a manifestaçom mais divertida em que participei nunca. Acho que outros movimentos sociais e políticos deviam de tomar nota.
Agradecemos as lindas palavras da Comba para nós, e em rigor também temos de dizer que o prazer foi mútuo, recíproco ou como diantre se diga
Faltava mais, ficas convidada, bem-querida camarada, às vindouras ações que convocarmos (*)!

__________
(*) Avisa aonde queres que che enviemos o presunto ![]()
Com motivo da estreia mundial, no dia de ontem, da Feijoopédia, a plataforma cidadã Sei O Que Nos Figestes... Nos Últimos 525 Anos volta a fazer a sua apariçom estelar nos meios, tanto nos progres (Xornal de Galícia, Público...) como nos fachas (PeriodistaDigital...) que suponhemos mais do gosto de Alberto Núñez Feijóo:
Feijóo xa ten 'Feijoopedia'
Cris Moss 22-02-2011 00:45[...] Dende marzo de 2009, a Touripedia loce un crespón negro e non se volveu actualizar, pero dende onte xa ten substituta. Trátase da Feijoopédia, creada pola “plataforma ridiculista” Sei o que nos Figestes... e que, dende onte, recolle “algunhas das máis brillantes perlas do noso presidente”, din os creadores [...]
[Xornal.com]

Nace la Feijoopédia, que recoge los gazapos del presidente de la Xunta
HENRIQUE MARIÑO Madrid 21/02/2011 18:15 Actualizado: 21/02/2011 19:00[...] La plataforma ridiculista Sei o que figestes..., responsable de la web y crítica acérrima del Gobierno conservador de la Xunta, pretende criticar con la Feijoopédia que el presidente gallego "tenga que dar siempre su opinión sobre prácticamente todo", explican. "Esa insoportable locuacidad de su ser" provoca, según la misma, que Feijóo "meta la pata hasta el sobaco".
[Público.es]
INTERNET
Nace na web a "Feijoopédia, a enciclopédia do sabe-tudo"
A plataforma ridiculista "Sei o que nos figestes..." lanza este portal onde critican a "O Noso Presidente" en clave de humorXoves 24.02.2011
REDACCIÓNSe Emilio Pérez Touriño tivo a súa Touripedia (http://touripedia.wikispaces.com), Alberto Núñez Feijóo merecía a súa propia Feijoopédia. Esa é polo menos a opinión da autoproclamada plataforma ridiculista "Sei o que nos figestes... nos últimos 525 anos" [...] O enderezo na rede de redes do novo sitio de política/humor é http://seioque.com/feijoopedia [...] A enciclopedia desenvolvida por "Sei o que nos figestes" tamén lles dedica senllos artigos á actriz María Mera, e ós "Quatro de Boqueijón", os membros das Novas Xeracións dos populares que colgaron na rede un vídeo gravado co móbil no cal Feijóo parecía querer facerlle as beiras á moza [...]
[Galicia Hoxe]
Nace la Feijoopédia, que recoge los gazapos del presidente de la Xunta
Martes 22 de Febrero de 2011[...] La plataforma ridiculista Sei o que figestes..., responsable de la web y crítica acérrima del Gobierno conservador de la Xunta, pretende criticar con la Feijoopédia que el presidente gallego "tenga que dar siempre su opinión sobre prácticamente todo", explican. "Esa insoportable locuacidad de su ser" provoca, según la misma, que Feijóo "meta la pata hasta el sobaco".
[LaVozdeAsturias.es]
Nasce a 'Feijoopédia', a enciclopédia do 'sabe-tudo'
Terça, 22 Fevereiro 2011 00:00PGL - A plataforma Sei o que nos Figestes... acaba de lançar publicamente a Feijoopédia. Trata-se de umha enciclopédia internética gerida com software wíki, como as Wikipédias, e que recolhe «algumhas das mais brilhantes pérolas d'O Nosso Presidente», em referência a Núñez Feijóo [...]
[PGLíngua.org]
Tras la 'Touripedia' y la 'Abelpedia'
Nace la 'Feijoopedia'
Creada por la plataforma independentista 'Sei o que nos figestes'
Galicia4.com, 22 de febrero de 2011 a las 12:02Tras el nacimiento de la 'Abelpedia' y la 'Touripedia', dedicadas a pregonar los 'gazapos' de los socialistas Abel Caballero y Emilio Pérez Touriño, la plataforma nacionalista lusista 'Sei o que nos Figestes', una de las webs más críticas con el gobierno autonómico del PP, ha dado a luz a la 'Feijoopedia', que recoge "algunas de las más brillantes perlas" del líder de la Xunta [...]
[PeriodistaDigital.com]
NACE LA FEIJOOPEDIA
martes, febrero 22, 2011Al igual que en el cine, en Internet segundas partes no son buenas ¿o si?. Resulta que de la Touripedia [...] ahora nace la Feijoopédia, a enciclopédia do sabe-tudo que pretende recopilar las meteduras de pata de Feijóo [...] Detrás de este invento esta la plataforma nacionalista, lusita y no sabemos que más de Sei o que figestes..., responsable de la web y crítica acérrima al gobierno del PP, pretende criticar con la Feijoopédia que Feijóo "tenga que dar siempre su opinión sobre prácticamente todo", expresivos como son estos hijos de la gran Lusitania dicen que “Desde logo Feijóo nom é, nem muito menos, tam inteligente como ele se acha" [...]
[Libertad Popular]
Feijoopédia: A Enciclopédia do Sabe-Tudo
por galeguzoC+C: «Tourinho perdeu o poder (a única batalha que se perde é a que não se trava) e as galegas e os galegos sofremos umha perda mais irreparável ainda, a da Touripédia, que desde aquele fatídico 1-M luze um laço preto em sinal de luto.. O já nada desprezível número de meteduras de soca que o omnisciente Feijóo leva acumuladas [...] mereciam ser compiladas num volumoso volume, [...] a Feijoopédia (A Enciclopédia do Sabe-Tudo)». | Via: ir.gl/89e8/
[Chuza.gl]
Feijóo: "¿Por qué siempre le ponen a las vacas nombre de mujer?"
por motoresrasgadosNace la Feijoopédia, que recoge los gazapos y meteduras de pata del presidente de la Xunta de Galicia.
[Menéame.net]
Feijoopédia: A Enciclopédia do Sabe-Tudo
Segunda, 21 Fevereiro 2011 01:00[DiárioLiberdade.org]
Feijoopédia: nova enciclopedia en clave do humor de Sei o que nos figestes...
martes 22 de febreiro do 2011, por Fernando SarasquetaO colectivo Sei o que nos figestes… (moi activo dende a Rede achegando crítica e retranca contra o meirande número de frontes sociais, políticas ou culturais) publicou esta semana unha escolma en clave de humor das declaracións públicas do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo. A achega, chamada Feijoopédia, foi desenvolvida sobre software Wikimedia, que para entendérmonos é o mesmo que dá alicerce ás wikipedias de toda condición.
A escolma, que se presenta baixo o epigrafe A enciclopedia do sabe-tudo, ten a súa fonte directa de inspiración na Touripédia [...] Dende Sei o que nos Figestes… láianse da “perda irreparável desse projeto, que desde aquela luze um laço preto em sinal de luto”, comentan.
[CódigoCero.com]
Feijóo xa ten a súa Touripedia
Un novo portal humorístico sácalle punta aos esforzos do presidente por opinar en todos os temas importantes do debate público.Por Galicia Confidencial | Santiago | 22/02/2011
A plataforma ridiculista Sei o que nos Figestes... publicou onte a Feijoopédia [...] Sei o Que Figestes ... ironiza coa teima de Feijóo de participar en calquera debate presente na opinión pública aínda que as veces «meta a pata até o sovaco" [...]
[GaliciaConfidencial.com]
Comentárom: