
A quarta apostatada coletiva que sob o título Apostasia Antes do Apóstolo (AAA) convocou Sei O Que Nos Figestes... no dia de ontem foi todo um sucesso tanto polo número de apóstatas (mais de trinta) quanto pola espetacular repercusom midiática (até um simpático câmara da TVE veu lá ter connosco).
Publicamos, por enquanto, as duas primeiras referências que achamos na imprensa escrita: as extensas crônicas da Andrea Rodríguez e a Marga Tojo para o Xornal de Galícia e o Galícia Hoxe, respetivamente. Muitíssimo obrigado às duas, aos seus colegas gráficos Ramón Escuredo (GH) e Óscar Dacosta (XdG) e aos seus respetivos meios.
Muitíssimo obrigado também, evidentemente, à madrinha Ana e ao padrinho Josinho e a todas as pessoas que tivestes a bem vir ontem apostatar connosco. Sodes umha muchachada excelente!
Se Deus quiser ao largo da semana que vem publicaremos aqui a nossa própria crônica por escrito e em imagens. Após o Apostolo.
Aproveitamos para anunciar já que a próxima apostatada coletiva, que dêmos em chamar Foi-se com o Bento, terá lugar numha data ainda sem concretar após o verão e antes do advento do Papa. Permaneçam atentas/os aos seus ecráns.

SOCIEDAD
Convocan xente para apostatar xuntos e ter “visibilidade social”
Entregaron a súa solicitude no arzobispado de Compostela e o festexaron cos padriños da xuntanzaANDREA RODRÍGUEZ 24/07/2010 - 00:47 h.
“A xente pensa que é complicado apostatar ou simplemente dálle preguiza, pero ao facer unha xuntanza anímanse a vir”, comentou Suso, o organizador da Convocatoria de Apostasía Massiva. A plataforma ridiculista galega Sei o que nos figestes xa vai pola cuarta xuntanza de este tipo, a cal se organizou onte pola mañá no arzobispado de Compostela para protestar en contra da Igrexa. Comezaron a súa andaina de apostasías o día antes do Nadal, sendo a segunda convocatoria antes de Semana Santa e a terceira o día de San Xoán [...]
[Xornal de Galícia, SÁB, 24-JUL-2010, pág. 33].

BAIXA
Crónica dunha apostasía
Unhas 25 persoas entregan na Arquidiócese de Santiago a súa declaración de abxuramento da Igrexa católica ·· Desde o ano 1991, 688 composteláns fixeron o mesmoMARGA TOJO . SANTIAGO
[...] Ao baixaren as escaleiras interiores do predio e cruzar o limiar que dá á Praza da Inmaculada, coméntao a maioría dos participantes -uns vinte e cinco- na abxuración en grupo que tivo lugar onte na capital de Galiza baixo o nome Apostasía Antes do Apóstolo (AAA), apadriñada simbólicamente por Josinho 13 e Ana Tri, e animada pola próxima visita de Benedito XVI á cidade [...]
[Galícia Hoxe, SÁB, 24-JUL-2010, pág. 11].
Comentárom: