Ontem, segunda-feira 18 de janeiro, o amigo Carlos Callón falou de nós no Galicia Hoxe:
CARLOS CALLÓN
:: POR NAVEGAR AO DESVÍO
A caridade[...] Como cidadán galego, non podo menos que sentir unha enorme vergoña pola insolidariedade profunda da Xunta, que a través da Fundación Axencia Humanitaria de Galiza só achega 15.000 euros para comprar kits hixiénicos, de cociña e sanitarios para este país.
Moitas e moitos preguntámonos como se atreveron tan sequera a enviar un comunicado de imprensa para anuncialo, porque enrubia tanto cutrerío e indiferenza pola dor allea. Mentres, este mesmiño autoproclamado "goberno da austeridade" despilfarra diñeiro a mans cheas por exemplo en accións contra a lingua galega ou, como nos lembraba a xente de Sei O Que, sufragando con 170.000 euros a caza de raposos [...]
[Galicia Hoxe, SEG, 18-JAN-10, pág. 6]
De Sei O Que Nos Figestes... queremos agradecer hoje a referência ao amigo Charly e aproveitamos a ocasiom para anunciar que depois de amanhã, quinta-feira 21, às 11h30 (hora pequeno imperial), alí estaremos, na Alameda de Compostela, ao pé do Callón ;-)
Comentárom: