

A Revoluçom das Patatilhas, depois de passar pola Bélgica (Flandres&Valónia), fizo umha paradinha táctica em Compostela. Perto de duzentas pessoas segundo a organizaçom —e um número indeterminado segundo dous policiais que passavam por ali—, juntárom-se no coraçom da Galiza para denunciarem os dous anos que este paisinho nosso leva sem governo... à altura da Bélgica binacional e trilingue ou do Iraque post-ocupacional.

Porque, bem é certo, temos presidente, O Nosso Presidente. Mas, e nom sabemos o motivo, para lá de desfazer algumhas das cousas realizadas pola Junta anterior, ao Niño de los Peares ainda não lhe deu por governar. Precisamente, junto com o recorde olímpico de dous anos sem governo é também campeom de desemprego a nível estatal.

O ato, como já era sabido, consistiu numha papança coletiva de patacas (já o dizia O'Rivas, os galegos somos o país dos comedores de patacas) enquanto o pessoal proferia as palavras de ordem previamente acordadas.
Ao final de tudo, leu-se o manifesto comemorativo a três vozes, e foi cantado o hino nacional, com algumhas emendas (austeras) para a ocasiom. Mas todo isto é já carne do vídeo ou vídeos que em próximas datas passará por aqui. Y que nos quiten lo bailao.
Atualizaçom 18h00 (hora portugalega)
E agora, após a crônica seioqueira, o que dixo e di hoje a comunicaçom social sobre o nosso rolho pataqueiro de ontem:
Patacas para un "Olympic Récord de desgoberno"
Ó berro de "Isto non se amaña indo a El Gato al Agua", "O folgar ten que acabar" ou "A Crisi non só é culpa de ZP", varias decenas de persoas concentráronse onte á tardiña na compostelá Praza do Obradoiro para secundar a convocatoria realizada pola plataforma Sei o que nos Figestes. Comendo patacas fritidas, reivindicaban que Galicia cumpría onte un "New Olympic Récord", o de "dous anos sen goberno". Igual que o pasado febreiro a mocidade belga autoproclamaba, na coñecida a través das redes sociais como a Revolución das Patacas Fritas, que o seu país acadaba un récord de 249 días sen goberno, onte, Sei o que Figestes reivindicou que Galicia supera esta marca. No Obradoiro leron un manifesto onde aseguran que estes dous anos de Executivo de Feijóo foron "perdidos", un "auténtico bienio negro", no que, denunciaron, "o noso presidente preferiu continuar a exercer como líder da oposición, pasando olimpicamente de asumir as súas responsabilidades como xefe do goberno galego". "Olimpi! Camente! Pasa o presidente", corearon, antes de botarse a cantar o Himno Galego que rematou cun novidoso "Que nos quiten o bailao"
Comentárom: